Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco recupera o acerto na portería

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes suman a súa terceira xornada sen coñecer a derrota, cun empate e dúas vitorias e continúa escalando posicións logo de imporse ao Villalonga na casa. Peor sorte tivo o filial que se sitúa terceiro logo de perder no campo do Nieto e derrota tamén na casa do Chapela que recibiu ao Balaídos.

O Choco dominou o partido dende o primeiro tempo. Marcos Pérez foi o encargado de anotar o primeiro tanto para os locais no minuto 18. Á volta do descanso Óscar “Chiqui” marcaría o segundo gol e dez minutos despois Lucas Fernández anotaría o terceiro que sitúa aos locais na décimo terceira posición e pensando xa no próximo encontro. Visitan a casa do quinto, o Arenteiro.
Nieto-Choco B (2-3)
O filial do Choco consegue unha nova vitoria, que non lle devolve o liderado pero que os sitúa na terceira posición. David, César e Brais foron os encargados de anotar os goles da vitoria. A próxima xornada reciben ao Tebra, que está situado na sexta posición da táboa.
Chapela- Balaídos (0-1)
Partido moi polémico o vivido onte, con cinco expulsións. Na primeira parte dous xogadores do Balaídos eran amoestados coa tarxeta vermella e o segundo tempo non calmou os ánimos. Os xogadores de Balaídos quedaban con oito, logo da expulsión de Salvador e tamén expulsións para o Chapela, que quedaba con nove logo da tarxeta vermella de Cristian e Xandro. Un encontro que deixa un só tanto, preto do final da segunda parte, que lle daba os tres puntos da xornada ao Balaídos. Os locais son quintos e a próxima xornada visitan o campo do Gondomar.
Soutomaior -Poio (1-3)
O Poio dominou o partido dende o primeiro minuto. Malia que os de Soutomaior conseguiron anotar un gol da autoría de Giño, non foron quen de dárlle á volta ao marcador.
San Adrián-Arcade (0-2)
Os xogadores de Arcade continúan á cabeza da categoría, son segundos e coa ollada posta no ascenso. Onte impúñanse a un rival directo o San Adrián no campo do Cura. Adrián foi o encargado de materializar esa vitoria, cun lanzamento que abría o marcador na primeira parte e un penalti xa en tempo de desconto. Un encontro que tamén finalizaba con xogada polémica que lle custaba a expulsión de dous xogadores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará