Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría teme que o arrastre de cinza á enseada provoque a mortaldade do marisco

RR_Noticias

A chuvia das últimas xornadas foi unha bendición para os que estaban a traballar na extinción dos devastadores lumes que dende a madrugada do domingo asolaron a nosa contorna. Con todo, mariscadores e confraría temen as consecuencia do arrastre de cinzas á ría. O patrón maior de Redondela, Clemente Bastos explica que os bancos de extracción da enseada poden verse afectados se veñen chuvias fortes “x atemos a experiencia do 2006, sabemos que se chove moito a cinza será arrastrada ata a ría e afogará o marisco”. Preocupación tamén porque as cinzas acaben no encoro de Eiras que abastece de auga a parte da Área Metropolitana.

Clemente Bastos confía en que dende a Consellería se estea a traballar de cara a adoptar medidas que poidan paliar ese arrastre que no caso de fortes chuvias acabaría provocando a mortaldade do marisco “cando a vaga de lumes de hai 11 anos botárase palla nos montes queimados para evitar a erosión do solo e que o efecto non fora tan grave, pero descoñecemos se nesta ocasión se vai optar tamén por esa medidas”. A zona que máis preocupa é a que vai dende Soutomaior a Pontecaldelas, moi afectas polo lume e cuxas cinzas de seren arrastradas acabarían no Oitaven e no Verdugo, ríos que desembocan na enseada. Temor tamén de que en caso de que se incremente a densidade das precipitacións nos vindeiros días esas cinzas poidan chegar ao encoro de Eiras, que abastece de auga a boa parte da área metropolitana. Así o advertía o alcalde de Fornelos Emiliano Laxe logo de comprobar a situación na que se atopan os montes de Calvos, Traspiela e Fornelos por onde discorren os ríos Oitavén e Barragán que achegan auga ao encoro. O concello de Fornelos era o único da comarca que nas últimas horas tiña un incendio activo, na parroquia de Traspielas.  

Clemente Bastos Patrón Maior
Temen que aconteza como no ano 2006 cando a cinza acabou con boa parte do marisco
Oitavén e Verdugo
Son os ríos que máis cinza poden arrastrar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará