Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina celebra as II Xornadas de atención á diversidade con charlas e obradoiros participativos

RR_Noticias

A Asociación Andaina de atención a persoas con necesidades especiais organiza o vindeiro 11 de novembro unha intensa xornada na que se abordarán cuestións vencelladas coa atención á diversidade. A participación no evento ten un custe de 20€ e a inscrición debe realizarse a través do blog da asociación https://andainaredondela.wordpress.com/ antes do 7 de novembro.

Unha actividade que nesta segunda edición está orientada especialmente a profesionais da educación así como país e nais que precisan de ferramentas para traballar con eses rapaces que presentan diversidade funcional. “Sabemos que moitos profesionais atópanse perdidos cando lle chega un alumno con estas características e intentamos a través destas xornadas achegarlles métodos e ferramentas cos que traballar” explica o presidente de Andaina, Antonio García. Salienta tamén o interese que xa na súa primeira edición espertara esta actividade e que contan con repetir o vindeiro día 11 “temos xa máis de medio cento de inscrición e notamos que están a espertar moito interese na bisbarra e noutros concellos máis afastados”. As xornadas arrancarán con diferentes charlas e coa participación de expertos en inclusión educativa para persoas con diversidade funcional como a directora do centro educativo Aspanaex, Mª José Ramos e o psicólogo do mesmo centro, Juan José Fonseca. Tamén se achegarán iniciativas e proxectos como os “Patios e parques dinámicos” de Gey Lagar. En horario de tarde haberá obradoiros nos que se abordarán os problemas na aprendizaxe escolar e temas as veces especialmente difíciles de abordar como é a educación sexual na infancia e adolescencia. Unha cuestión que analizará a experta en sexualidade humana, Débora Baz Rodríguez. As xornadas rematarán con outro obradoiro práctico no que se fala de cómo aplicar o método dos patios e parques dinámicos que buscan que nenos con trastornos do autismo se integren e se sintan cómodos en espazos sen regras, como adoita ser o tempo do recreo. Unhas xornadas que contan co apoio económico da Fundación La Caixa, tal e como explicaba un dos responsables da entidade Enrique Iglesias. Dende o Concello a responsable de Servizos Sociais, Carmen Amoedo salientaba a encomiable labor que realiza esta asociación “chegando a onde non chegan as administración e ofrecendo un espazo de encontro a aqueles país e nais que poden así recorrer a outras persoas na súa mesma situación para se asesorar”. Esta é a segunda vez que Andaina celebra este evento co que se pretende chegar á situación real de persoas con diversidade funcional e crear, a través de talleres participativos, solucións orientadas nesta ocasión especialmente ao campo educativo. Con todo, están abertas non só a profesionais da ensinanza senón a familias ou profesionais do ámbito sanitario e da asistencia social. As xornadas contarán con servizo gratuíto de gardería e tradutor de linguaxe de signos.  

Antonio García Andaina
Xornadas de atención á diversidade funcional
Obradoiros participativos
Charlas e obradoiros nun día intenso
Actividades prácticas
Patios e parques dinámicos para as persoas con TEA
Carmen Amoedo edil de Servizos Sociais
O Concello asume a parte loxística
Enrique Iglesias Fundación La Caixa
A entidade achega fondos económicos para a realización das xornadas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará