Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 600 veciños de Soutomaior e Pazos permanecen sen teléfono fixo dende os incendios

RR_Noticias

No Concello de Soutomaior o número de afectados ascende a 232 usuarios sen servizo, mentres que en Pazos de Borbén son máis de 400. A empresa de telefonía propón aos afectados unha solución temporal e personalizada chamando ao teléfono de atención ao cliente, o 1004 ata que se proceda a repoñer as liñas queimadas, que segundo a propia compañía podería demorarse ata decembro.

Ambos os Concellos dirixíronse a pasada semana á dirección da empresa para xestionar unha solución temporal para os usuarios afectados nos seus municipios.  Un servizo que se foi recuperando progresivamente desde o día 23 e que está restablecidos ao 100% no caso da cobertura móbil en ambos os municipios. Así o afirma a directora de Galicia de Telefónica, Marta Fernández, que engade que solucionar a conexión na telefonía fixa é máis complicado “o despregamento de cable en zonas de orografía especialmente complexa podería atrasar o restablecemento do servizo ata un mes”.
O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, destacou a importancia desta solución para moitas familias e pequenos negocios afectados que necesitan chamar por teléfono ou conectarse a internet para tentar solucionar todos os problemas que o incendio lles xerou. Ademais de moitas familias preocupadas polos seus maiores, que en moitos casos son persoas que teñen problemas de visión ou non saben utilizar os teléfonos móbiles modernos e necesitan o fixo para poder comunicarse.
Do mesmo xeito, fontes da compañía aseguran que se poñerán en contacto coa maioría dos afectados, pero rogan ao resto que se poñan en contacto co seu centro de atención ao cliente, no 1004, para solicitar unha solución personalizada e sen custo para o cliente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará