O detido, un varón de 49 anos tería estafado aló menos a cinco vendedores da ONCE durante o pasado mes. No xulgado de Redondela cónstanlle antecedentes por feitos semellantes en Pontevedra, Madrid, Almería e outros puntos da xeografía.
A investigación iniciouse o pasado mes de setembro, cando un home, vendedor de cupóns en Redondela,chamou á Sala Operativa do 091 para denunciar que fora vítima dunha estafa. Segundo relatou outro home, que se identificou como propietario dun local próximo lle pediu cambio en moedas e billetes pequenos entregándolle o vendedor 500 euros. Pasados uns minutos, e ao ver que este non volvía, dirixiuse cara ao local para preguntar polo propietario, descubrindo que fora vítima dun engano.
Ademais os investigadores descubriron que ese mesmo día enganara a outro vendedor da zona co mesmo método, aínda que neste caso o importe fora menor.
Este segundo feito permitiu aos axentes identificar o vehículo que estaría a utilizar o estafador, e que lles conduciu ata outro delito que tería lugar a finais do pasado mes en Bueu.
Neste caso a vítima foi abordada por un home que dixo ser o propietario dunha tenda de telefonía, tras o cal pediulle varios cupóns e preguntoulle se tiña cambio, respondendo o vendedor de modo afirmativo, á vez que lle entregaba ao estafador 1000 euros.
Posteriormente volvería actuar en Vigo, primeiro en Pizarro e días despois no Calvario, e do mesmo xeito que nos casos anteriores achegouse aos vendedores como propietario dun bar da zona que necesitaba cambio, facéndolle entrega os vendedores dun diñeiro que nunca volveron ver.
Neste caso a investigación estaba moi avanzada e os axentes lograran identificar ao responsable dos feitos, polo que unha vez localizado procederon á súa detención e traslado a dependencias policiais.
Ao realizar unha consulta das bases de datos descubriron que xa fora detido no ano 2008 facéndose pasar por capitán de salvamento marítimo para estafar a desempregados, aos que convencía previa entrega de diñeiro, de que lles podía conseguir traballo.
Ademais confirmouse que o Xulgado de Redondela imputáralle no seu día varias estafas cometidas en Pontevedra, Madrid, Almería, e outros puntos da xeografía.
A investigación foi levada a cabo polo Grupo de Policía Xudicial da Comisaría de Distrito Centro, dependente da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela.