Os de Mon Sanromán rematan a primeira volta nunha espléndida posición na táboa logo da vitoria ante o Peña Beretes. Son terceiros, a un punto do ascenso directo a Segunda Atutonómica. E despois do descanso de Nadal regresan á competición con outro derbi local, ante o Chapela, cos dous equipos moi igualados.
Un equipo modesto, pero que é todo un grande. Así se pode definir ao Atl. de Villar, que experimentou esta temporada unha notable melloría de xogo e de resultados, logo de reforzar o seu plantel. Aos final da primeira volta o equipo vaise o parón ligueiro en terceira posición do seu grupo, a un punto do ascenso directo e a 4 do líder, nunha situación “inmellorable”, segundo o técnico Mon Sanromán. A comezos de temporada o obxectivo do club era o de meterse no “play off” de ascenso, pero logo dos bos resultados desta primeira volta non descartan colarse nos postos de ascenso directo, sobre todo se neste descanso de Nadal poden recuperar a algúns dos seu xogadores lesionados. Os números destas 15 xornadas falan pos si sós, con 10 victorias e 5 derrotas, nas que suman 41 goles a favor e 22 en contra. Pero o más relevante é o feito de que nesta primeira volta anotaran algún tanto ata 15 xogadores diferentes, o que vén a demostrar a capacidade ofensiva deste equipo. Sanromán conta cun longo plantel de 22 xogadores. A maioría deles son de Redondela, e ata 14 veciños de Vilar, San Esteban ou Cabeiro. Un conxunto “da casa”, como o define o técnico, que conta con moito apoio por parte da afección. San Román agradece esa implicación dos seus seareiros, que os arroupan tanto no campo de San Martiño como nos seus desprazamentos. Regresan á competición o 14 de xaneiro con outro derbi fronte ao Chapela, co que están moi igualados. Os anfitrións son os cuartos da táboa, tan só dous puntos por baixo do Atl. Villar.