Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colexio Laredo recolle o premio á Acción Maxistral polo seu proxecto Esencia Laredo

RR_Noticias

Os representantes do Colexio Laredo de Chapela recolleron onte en Madrid de mans da Raíña Letizia o Premio á Acción Maxistral 2017, na súa categoría Infantil e Primaria convocado pola FAD, a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e BBVA. O director do centro, Abrahán Domínguez, asegurou que recibir este galardón “é un orgullo froito do esforzo e traballo continuado do claustro de profesores”.  Na entrega tamén estivo Ana Ruiz del Olmo, profesora encargada de pór en marcha o proxecto gañador,  no que se combinan os valores ecolóxicos co emprendemento social e a solidariedade.

En “Esencia Laredo” participou todo o claustro escolar, todo o alumnado e un gran número de pais e entidades locais que, ao longo do ano  participaron en numerosas actividades sendo a principal a produción e venta de produtos ecolóxicos. O proxecto pretendía a creación dunha microempresa educativa “Esencia Laredo” coa implicación do alumnado de 5º e 6º de primaria. Con esta iniciativa búscase potenciar o espírito emprendedor do alumnado que tivo que poñer en práctica toda a teoría aprendida nas clases para que a súa empresa funcionase. Os rapaces asumiron dende a elaboración do produto, que se fixo no propio centro mediante o cultivo sostible da materia prima, especies aromáticas na horta do colexio, así como o seu posterior embalaxe en paquetes que se crearon con material de reciclaxe. Un equipo de marketing encargouse do deseño do produto e un equipo de vendas deulle saída no mercado. Unha iniciativa con implicacións solidarias, xa que os beneficios das vendas de colonias e xabóns foron destinados á Asociación Amencer de familias con nenos con necesidades educativas especiais. E no último ano ao Grupo de Apoio á Familia Meteo, colectivo que recada cartos para axudar á familia da muller vítima da violencia de xénero que fora asasinada en Chapela no pasado mes de febreiro.
Un proxecto global que culminaba onte coa entrega do premio que foi recollido por parte do director do centro das mans da Raiña Letizia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará