A adxudicación do servizo residencial está pendente dun novo proceso de adxudicación logo de que ningunha empresa se presentase ao concurso público realizado dende o Consorcio galego de Servizos Sociais e Igualdade. Unha situación que mantén paralizada a posta en funcionamento das 24 prazas que o centro debía poñer a disposición dos usuarios que precisaran de atención asistencial. Dende o BNG entenden que esta situación é responsabilidade da Xunta e reclaman ao goberno local que exerza maior presión neste asunto.
Xoán Carlos González considera “desastrosa” a apertura do Fogar Residencial de Cesantes xa que “a definitiva posta en marcha deste equipamento volve sumar un novo retraso, acumulando xa cinco anos”.
O anuncio feito polo Consorcio Galego de Servizos Sociais dun novo procedemento para a licitación da xestión do Servizo Residencial nese centro “constitúe, segundo o nacionalista, un novo exemplo do desinterese da Xunta pola xestión deste centro de carácter público”. Considera que estase a xogar coas expectativas de usuarios e usuarias, e as súas familias que están na busca dunha residencia para unha atención de calidade.
Responsabiliza directamente a Javier Bas de todos estes atrasos “por manterse calado ante a Xunta, sen presionar o suficiente, como lle correspondería ao alcalde de Redondela”.