O Vilalbés arrancou un empate de Santa Mariña (2-2) nun final de partido polémico cun gol fóra do tempo de desconto. E na Terceira Autonómica o empate entre Chapela e Lavadores, que buscaban o ascenso directo, beneficiou ao Atl. Vilar, que xa é equipo de Segunda Autonómica. O Chapela, igual que o Cesantes, participará na promoción de ascenso.
Terceira División
Choco 2-2 Vilalbés
No minuto 95 un gol de Sergio Arias deixou sen premio ao Choco, que taballara a reo para remontar o gol inicial do Villalbés. Os homes de Marcos Montes puxéronse por diante ao aproveitar a súa superioridade numérica pola expulsión de Xusto con goles de Félix e Comis. Pero un final cheo de polémica, no que o árbitro sinalou en contra unha falta sobre Comis, derivou no gol do empate visitante cun minuto por encima do catro de engadido. Un reflexo da tempada do conxunto choqueiro, na que os resultados non acompañaron o seu bo xogo. O Choco está na 8ª posición, e a próxima xornada visitan o campo do Boiro, cos coruñeses na 10 praza cun punto menos.
Choco:Cortegoso; Ronald, Javi, Lucas, Xián; Alberto Suárez, Caloi; Rícar (Marquitos, min. 77), Comis, Chiqui (Félix, min. 60); e Escobar (Pablo Couñago, min. 85).
Boiro: Marcos Souto; López (Moreda, min. 85), Xusto, Antonio, Buyo; Javi Varela (José Varela, min. 82), Pablo Viveiro (Vérez, min. 75);Álex Pérez, Make, Villares; e Sergio Arias.
Goles: 0-1, min. 11: Álex Pérez; 1-1, min. 65: Félix; 2-1, min. 79: Comis; 2-2, min. 95: Sergio Arias.
Segunda Autonómica
A Guía-Choco B 1-2
Partido vibrante desde o primeiro minuto. O filial redondelano adiantouse desde o punto de penalti no terceiro minuto de xogo. Empatou A Guía á media hora de partido, pero Xandre fixo o tanto da vitoria visitante na segunda metade. O próximo domingo reciben ao Tyde
Vilaboa-Arcade 1-1
Os locais tiveron a posesión e as ocasións, adiantándose por medio de Lois. Lucas, no tempo de desconto, privou aos de Vilaboa do tres puntos. O Arcade, que agora é 3º, recibe a próxima xornada ao líder, o Cuntis.
Terceira Autonómica
Lavadores 2-2 Chapela
Última e decisiva xornada de liga. Empezou gañando o Chapela, con 0-2 xa nos primeiros dez minutos,obra de Blon, e facíase así co ascenso directo. Pero o Lavadores reaccionou, Borja e Adrián anotaron para o equipo vigués e metíanse na pelexa. Finalmente, e a pesar dos intentos de ambos os equipos, o partido terminou en táboas, e ningún dos dous acada o ascenso directo.
Vilar 9-0 Peña Beretes
Partido de trámite para o Vilar, que superou sen problemas ao Beretes Chapela por goleada. O Vilar non só tiña que gañar, tamén debía esperar un empate entre Chapela e Lavadores. A carambola deuse e o Vilar consegue o ascenso directo despois dunha gran tempada.
Portas-Cesantes 1-1
O Cesantes segue adiante nas eliminatorias da fase de ascenso. Adrián Pena adiantou ao Portas na primeira metade, pero o Cesantes logrou empatar na segunda. O Cesantes gañou nos penaltis, e continúa na promoción de ascenso
Fútbol Sala
Terceira División
Campito 1-9 Estrada
O Campito non puido facer nada ante un forte Estrada, que busca a fase de ascenso. Na próxima xornada desprázase á pista do Talleres ABC.
Pazos – Santiago Futsal B
Xogan mañán martes, ás 19.00 horas. Os de Fran Amoedo defenden a 3ª posición na casa ante o Santiago FutSal B, da parde baixa da táboa.
Preferente Sur
Cesures 1-4 Redondela
O Redondela segue cómodo en postos de permanencia logo de gañar ao pechacancelas do grupo. Na próxima xornada visitan o pavillón do Bembrive.
Valladares 3-1 Arealonga
Os de Chapela teñen non puideron co Valladares, e seguen afundidos na táboa. O sábado reciben ao Mariñamansa.