A Concellería de Medio Ambiente pon en marcha durante este mes de maio dúas campañas que buscan incrementar tanto os envases que se reciclan como o número de litros de aceite que acaban nos colectores correspondentes. Esta última iniciativa está orientada aos colexios e institutos e leva por nome “Por unha auga mais limpa”.
Dende o 2 ata o 31 de maio entregarase un colector a cada centro educativo que queira sumar a iniciativa para que depositen as botellas co aceite doméstico reciclado
Os centros que participen nesta campaña de reciclado de aceite doméstico recibirán un diploma acreditativo como colaboradores na mellora e coidado do medio ambiente e da auga. Os participantes tamén recibirán agasallos y sorpresas
O centro que máis aceite logre reunir será o que decida a que entidade ou causa social local se outorgarán os 2000 € de premio en caso de conseguir os obxectivos da campaña “Recicla, respira e supérate” destinada a cidadanía en xeral. En dita campaña perséguese incrementar durante os meses de maio, xuño e xullo un 10 % a cantidade de envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) no contedor amarelo respecto os mesmos meses do ano 2017.
Durante a campaña a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes farán diversos actos e actividades promocionais nos que colabora o Concello de Redondela.