A Concellería de Xuventude de Soutomaior pecha este venres o prazo apra presentar os traballos o XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen tanto en contextos formais como informais, para que a se comuniquen en lingua galega e poidan expresar a través da nosa lingua emocións, sentimentos ou opinións.
Hai dúas modalidades para concursar, ben coa redacción dun texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, , etc. E que non supere as 12 liñas ou ben coa elaboración dun vídeo ou un audio cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupal (3 persoas).
Os traballos valoraranse en función das idades dos participantes establecéndose dúas categorías: de 12 a 14 anos e de 15 a 20 anos.
Os gañadores poderán facerse con diferentes premios: tablets; libros electrónicos; cámaras fotos deportiva; gafas realidade virtual; auriculares bluetooh+micro; power bank; e tamén, sorteo de dicionarios en lingua galega e un agasallo para todas as persoas que participen no concurso.
O prazo de presentación de traballos finaliza o 4 de maio de 2018 ás 20.30 h na OMIX de Soutoamior.