Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas volve manifestarse contra “a cultura da violación” tras a sentencia de La Manada

RR_Noticias

O movemento feminista de Redondela súmase ao resto de mobilizacións e concentracións que hai convocadas para esta xornada baixo o lema “contra a cultura da violación” co obxecto de protestar pola sentencia que condena aos cinco membros de La Manada por abuso sexual e os absolve de violación. A concentración terá lugar ás 20:30 horas na praza da Constitución.

“Fartas desta práctica aceptada e normalizada, queremos denunciar todos os abusos e agresións que sufrimos as mulleres no noso día a día. Se ti tamén estás canso e cansa de vivilo, de presencialo, de calar ou de mirar para outro lado, súmate”. Así reza a convocatoria difundida a través das redes sociais dende a Asemblea Feminista Paxaretas.
A mobilización, convocada para as 20:30 horas de hoxe venres, terá lugar na praza da Constitución e quere ser un movemento “contra a cultura da violación e as estrutura que a amparan e perpetúan: gobernos que incumpren a súa responsabilidade política en materia de prevención e protección das vítimas, un sistema xudicial que condona a violencia sexual e unha sociedade que acepta e normaliza esta conduta”.
Protestas que se sucederán por todo o país e que queren amosar a súa indignación contra a sentencia de La Manada denunciando que “se é machista non é xustiza”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará