Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER pide a paralización das obras no Maceiras ao non contar coa autorización de Augas de Galicia

RR_Noticias

Os traballos de acondicionamento do paseo do Maceiras no seu tramo final debían estar xa rematados pero, debido as chuvias dos últimos meses a actuación foise retrasando e non sería ata este mes de maio cando novamente se puxeron en marcha. Logo de coñecer este feito dende a Agrupación de Electores solicitaron por rexistro que os traballo se paralicen de xeito inmediato xa que dende Augas de Galicia advírtese que “os traballos non se poderán executar entre abril e xuño, ambos incluídos, ao coincidir co período de reprodución e cría da fauna da foresta”.

 
Dende AER critican ao concelleiro responsable de Medio Ambiente por permitir esta actuación “non sabemos se o concelleiro é un incompetente por non coñecer as condicións da autorización de Augas de Galicia ou un inconsciente por coñecelas e facer caso omiso delas”. Engaden que no caso de que o Concello sexa sancionado economicamente por incumprimento das condicións da autorización, “dende AER esixiremos que pague o concelleiro do seu peto ou o Partido Popular. Non sería de recibo que o seu mal labor se pague con cartos públicos de toda a veciñanza”.
Conclúe a Agrupación de Electores lembrando que esta formación opúxose a esta obras que na súa opinión eran “totalmente innecesarias xa que a senda xa existía e estaba a ser utilizada pola veciñanza. Así llo fixemos saber no seu momento ao equipo do goberno recomendándolles unha actuación branda de desbroces puntuais cando foran necesarios, retirada de flora invasora e repoboación con flora autóctona. Fixeron caso omiso e preferiron gastar 50.933,18 € en desnaturalizar o río”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará