Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bárbara Román: A mentira máis repetida dos últimos anos é “he leído y acepto”

RR_Noticias

Responsable da consultora de avogados NoLegalTech, especializada en atender as necesidades legais das empresas tecnolóxicas, Bárbara Román será a encargada de abrir un programa de encontros que se van desenvolver en Redondela baixo o título “Elas tamén emprenden”. Ademais de falar da súa experiencia como emprendedora centrará a súa charla en cuestións vencelladas co uso da tecnoloxía por parte de calquera persoa a nivel particular e empresarial.  O encontro será o venres ás 19:30 horas no auditorio José Figueroa.

Unha actividade organizada pola consultora local Onthebus en colaboración coa asociación de empresarios de Redondela que busca dar a coñecer proxectos postos en marcha por mulleres emprendedoras e que, nesta ocasión, conta coa presenza de Bárbara Román, responsable da consultora de avogados NoLegalTech especializada en atender as necesidades legais das empresas tecnolóxicas. Salienta as vantaxes de ser emprendedora “porque ser a túa propia xefa favorece que te organices ao teu xeito e que orientes o teu interese laboral por onde cres que vai ser máis útil”, sen esquecer que se trata tamén dun camiño cheo de dificultades e atrancos que hai que ir superando. E, por suposto, abordaranse cuestións nas que é experta como responsable de NoLegalTech. Nese sentido aclarará todas esas preguntas que deberiamos ter claro á hora de adentrarnos no mundo das novas tecnoloxías “a lei aplícase en todos os ámbitos, tamén ao mundo online, polo que é preciso ten claras algunha regras básicas para que a nosa presenza como usuarios, clientes ou empresa sexan seguros”. Como exemplo da nosa “relación” con Internet apunta a enorme dificultade que supón coñecer as condicións que nos impoñen as páxinas web cando accedemos a ela e como adoitamos clicar na cela de “he leído y acepto” sen valorar a que nos comprometemos cando facemos esa acción. Abordaranse tamén outros temas como a información que deixamos nas redes sociais, dende opinións, fotografías ata os propios datos persoais que “cedemos” cando escribimos o noso enderezo ou número de teléfono. E tamén a necesidade de estar atentos á normativa sobre Lei de protección de datos que permite ás empresas empregar a información que os clientes lle ceden pero sempre que exista un consentimeto previo por parte do afectado.    

Bárbara Román NoLegalTech
Un encontro orientado a todos os públicos
Clausulas farragosas
Adoitamos clicar sen ler
Lei de Protección de Datos
Cedemos os nosos datos cando asinamos determadas cláusulas en internet

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará