Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de lingua de signos no Multiúsos, un curso para romper barreiras

RR_Noticias

Romper barreiras e favorecer a integración das persoas xordas pasa pola implicación de todos e todas e nese camiño traballan dende XOGA (organización de Discapacidade Sensorial de Galicia). A través desta asociación o concello de Redondela organiza un curso de lingua de signos que arranca na vindeira semana aberto a todos os que queiran coñecer esta lingua. A inscrición é completamente gratuíta e debe realizarse a través do enderezo info@organizacionxoga.org.

Un curso de 30 horas de duración no que os participantes aprenderán a comunicarse a nivel básico empregando a lingua de signos, un sistema de comunicación que lles facilitará entenderse coas persoas xordas. Aberto ao público en xeral explica a intérprete encargada de impartilo, Raquel González Novelle que o máis difícil para o alumnado adoita ser superar unha certa “vergonza, porque ao tratarse dunha lingua xestual temos que acostumarnos a sentir a mirada do outro sobre nós”. Con todo, insiste en que as clases se realizan dun xeito ameno, divertido e no que se aprende moito máis que a mover as mans “achegámonos a unha cultura e tentamos desmitificar todo aquilo que temos aprendido e que é erróneo en torno ás persoas xordas”. González Novelle salienta ademais a importancia deste tipo de iniciativas que buscan a integración das persoas xordas “falta moitísimo por facer, a xente xorda está na sociedade e o que non podemos facer é limitarlles a súa participación” e insiste na idea de que “a xordeira illa comunicativamente ás persoas e ese é o maior dos illamentos que hai”. O curso establece dous grupos, aquel que recibirá as clases os martes e xoves en horario de tarde de 17:00 a 19:00 horas e que arrancará o vindeiro 15 de Maio e un segundo grupo que recibirá as clases os sábados de 10:00 a 13:30 horas a partir do día 19.  

Raquel González Novelle intérprete
Un curso para todos
Un gran illamento
As persoas que padecen xordeira enfróntanse a unha situación de illamento comunicativo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará