Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O SEREN, unha revista cultural como agasallo institucional

RR_Noticias

O Concello de Redondela adquiriu esta semana 200 exemplares do Boletín publicado polo Seminario de Estudos Redondeláns que servirán como regalo institucional do Concello. Dende a Concellería de Cultura destacan que “con este agasallo parte da cultura da vila será coñecida en distintas partes do mundo xa que neste libro se fala de moitas das nosas tradicións, da nosa historia e dos nosos símbolos”.

A publicación contén textos sobre a Danza das Espadas, O Camiño da Santiago ao seu paso por Redondela, os símbolos do concello como o seu escudo e a súa bandeira aprobada ainda en abril do 2016. Podemos atopar textos sobre a arquitectura da vila onde se enumeran as casas e edificacións mais importantes. A vida social e deportiva tamén esta presente neste libro que nunha das súas partes fai un perorrido pola historia musical de Redondela recordando ás agrupacións musicais mais importantes seguido dun capítulo dedicado ao Clube Deportivo Choco.
“Con este agasallo o visitante levará un anaco da nosa historia que o axudará a coñecer mellor a nosa vila e as nosas xentes” explica Teresa París
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará