Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os irmáns Montes regresan a Santa Mariña

RR_Noticias

O Choco recibe este domingo ao Coruxo, un equipo de Segunda B adestrado polos dous últimos técnicos do equipo redondelán, Jacobo e Marcos Montes. Os seguidores do Choco poderán observar de primeira man a evolución do equipo dirixido por Gonzalo Fernández “Gonza” esta pretempada.

O domingo, ás 20.00 horas, os pupilos de Gonza medíranse ao Coruxo en Santa Mariña. Este encontro, previsto nun primeiro momento en Vigo, pasa a xogarse en Redondela polos coidados que ten que adoptar o club vigués no seu campo do Vao. Terá como aliciente ver aos redondeláns e choqueiros, os irmáns Montes, no banco visitante. Ademais, será o partido de maior esixencia da preparación ao medirse o Choco a un equipo de Segunda División B.Na próxima semana o equipo redondelán disputará dous amigables máis en horario matinal. O mércores 15 de agosto, Santa Mariña acolle o duelo ante o Atios (ás 12.00 horas), mentres que para o sábado 18 quedará o enfrontamento ante o Vilalonga, á mesma hora. Será a derradeira proba antes de comezar a campaña en Terceira División. Será o domingo 26 de agosto no campo das Eiroas de Carballo ante o Bergantiños. O primeiro encontro ligueiro na casa será o 2 de setembro ante o Arenteiro.
Categorías inferiores
O Choco xa iniciou os adestramentos dalgúns equipos da canteira e as formacións de fútbol 8 comenzarán a finais de mes. O club está completando os planteis e todos aqueles rapaces que desexen xogar no C.D. Choco poden dirixirse ao correo c.d.choco@hotmail.com ou poñerse en contacto con Marcos Montes (626 11 61 42). Poden anotarse os nenos nados antes do ano 2012.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará