Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Cultural de Chapela presenta as súas actividades con clases gratuitas ao aire libre

RR_Noticias

A asociación arranca esta tarde un programa de actividades na rúa para dar a coñecer todos os cursos que impartirán. Zumba, pilates, taichi, aerobic e baile son algunhas das propostas que ofrecerán nos vindeiros días nos exteriores do Multiusos de Chapela.

As “master-class” serán gratuítas e abertas a todos os que queiran achegarse para a coñecer a oferta de actividades que presenta a Asociación Cultural de Chapela. Serán os propios monitores dos cursos os que dirixan estas sesións ao aire libre. Comezarán hoxe xoves ás 20:30 cunha clase de zumba, tonificación e estiramento. O venres, día 21, ás 18:30 preséntase a actividade de Pilates, o luns 24 será a quenda do Taichi, ás 17:00. Tamén o luns haberá clases de Arobic, Ximnasia, e Ioga ás 19:00 Horas. Ás 20:30 comezarán as clases de bailes de salón e latinos. O mércores 27, ás 17:00, ofrecerán novamente clases de tahichi, arobic e ximnasia.
Idiomas, música e moito máis
A Asociación Cultural de Chapela ofrece ademais cursos de Inglés para nenos e adultos, baile infantil, debuxo e pintura, manualidades, lingua de signos, teatro, baile galego e calquera especialidade musical, así como diferentes cursos de distintas especialidades durante todo o ano. Desde a Asociación Cultural de Chapela aninman a toda a veciñanza a achegarse a coñecer todos os cursos que se imparten. En calquera deles poderán asistir a unha primeira clase de balde ata completar o aforamento da aula na que se imparta a actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará