Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Atl.Vilar quere facer de San Martiño un fortín

RR_Noticias

O adestrador do equipo de Vilar, recén ascendido á Segunda Galega, teno claro: o campo de fútbol de San Martiño será clave para acadar o obxectivo da salvación. Nel golearon a pasada xornada ao Vilariño. A superficie de terra e o seu estilo de xogo “valente” serán fundamentais esta temporada, segundo Mon Sanromán.

O equipo xa se sitúa na oitava posición do grupo, logo de impoñerse a pasada xornada por 4-0 ante o R.Vilariño. Malia o abultado marcador, a vitoria fíxose agardar, xa que na primeira parte as excelentes intervencións do porteiro visitante impediron aos redondeláns poñerse por diante. Houbo que chegar ao miniuto 70 para estrear o marcador. Os homes de Mon Sanromán non se conformaron e seguironindo a polo partido, anotando tres máis. O míster ten claro que ese xogo “valente” debe ser o protagonista no estilo do equipo, xa que é a mesma filosofía que os levou a conseguir o ascenso a pasada temporada. Sanromán entende que é “arriscado”, pero recoñece que prefire perder un punto con ese xogo ambicioso, que deixar de gañar tres por conservadores. Ese estilo de xogo e facer de San Martiño un fortín, serán as claves para acadar o obxectivo da permanencia. As deficiencias do seu terreo de xogo, de terra, son un problema, pero tamén unha vantaxe con respecto aos rivais, pouco acostumados a xogar nesta superficie. No club preferirían gozar dun campo de herba, como o resto de equipos da categoría, pero mentres non poidan facer fronte a unha reforma do campo, tentarán sacarlle proveito a ese defecto. Esta semana traballan de cara ao próximo partido, que o domingo os levará ao campo do Louro. Un equipo que xa coñecen ben os de Sanromán, xa que se enfrontaron en pretemporada. Ademais algúns dos xogadores do equipo militaron no Louro, e viceversa. Entende que será un partido difícil, porque malia que o Louro está na parte baixa da táboa, a liga está moi igualada e calquera rival pode plantexar un partido complicado. O adestrador está satisfeito co rendemento dos seus xogadores nestas primeiras xornadas, tamén das cinco novas incorporacións do club, entre elas o porteiro.

Mon Sanromán adestrador
O club quere facer de San Martiño un fortín para garantir a permanencia.
Xogo valente
O Atl. Vilar non renuncia ao seu estilo de xogo.
Louro-Atl. Vilar
Un equipo que xa coñecen ben os de Sanromán xa que se enfrontaron en pretemporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará