Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Combates medievais na Pista da Xunqueira e no pavillón

RR_Noticias

A Sala Viguesa de Esgrima Antiga organiza este sábado día 6 o II Torneo de esgrima histórica Concello de Redondela no que participarán ducias de deportistas e que permitirá aos espectadores achegarse a unha modalidade deportiva pouco coñecida. O programa desenvolverase o sábado pola mañá na pista da Xunqueira e durante toda a tarde no pavillón municipal con entrada de balde.

A esgrima histórica é unha actividade deportiva cultural en auxe coa creación de diferentes clubs como a Sala Viguesa de esgrima antiga que dende o 2005 funciona en Vigo. Co obxectivo de espallar esta actividade, un Arte Marcial que se realiza co manexo real das armas históricas en Occidente e que en séculos pasado se empregaba nas guerras ou nos duelos, organizan un completo programa de actividades esta fin de semana en Redondela Esta arte marcial practícase hoxe mediante armas negras (romas e sen filo) e coas proteccións axeitadas. Unhas armas que empregarán os deportistas que participen das exhibicións que desenvolverán o sábado pola mañá entre as 11:00 e as 14:00 horas na pista da Xunqueira (no caso de que o tempo o permita) e pola tarde no Pavillón a partir das 16:00 horas e ata as 20:30. Participarán varias salas galegas, nacionais e portuguesas e os combates serán nas tres disciplinas principais, con espadas medievais e renacentistas.  

Damián Troncoso Sala Viguesa de Esgrima antiga
Unha modalidade que vai sumando adeptos
Julio Mougán edil de deportes
Anima a xente a achegarse e coñecer este deporte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará