O club aproveita a festividade de mañá venres para realizar un multitudinario acto en Santa Mariña cos seus xogadores, familiares, socios e afeccionados. Haberá sesión vermú con música en directo e degustación de mexillóns para todos os asistentes.
O Choco realiza este venres, 12 de outubro, o acto de presentación da tempada coa presencia de todos os equipos das categorías inferiores. O acto servirá tamén para dar a coñecer a nova web do club e unha aplicación móbil. Ao acto, no campo de Santa Mariña, están convidados os familiares, socios e afeccionados da entidade. O inicio das actividades está previsto para as 11.00 horas. Un cuarto de horas despois, os integrantes das categorías inferiores do club realizarán un destile. Ás 11.45 presentarase o anuncio publicitario para a presente tempada, e ás 12.00, a nova páxinaa web do club, www.cdchoco.es, xunto cunha aplicación para dispositivos móbiles. Para as 12.30 está prevista a presentación das novas equipacións dos xogadores, que foron deseñadas pola empresa viguesa Amura. Como peche da xornada a partir da 13.00 está prevista unha sesión vermú con música en directo e a degustación de mexillóns. A xornada de actos é ampla e o club quere buscar o máximo número de participación posible entre familiares, socios e afeccionados da entidade. O Choco conta nestes momentos con 271 fichas tramitadas, un número que podería medrar. O club pode aumentar o volume de xogadores nas categorías de menor idade e, está a facer un chamamento para incorporar nenos e nenas de entre 5 e 7 anos.