Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA de Cedeira levará a protesta a Santiago se Educación non repón unha praza de mestre

RR_Noticias

A Consellería négase a repoñer o profesor que eliminaron no centro este curso, malia que o número de alumnos é o mesmo. As solucións que propoñen desde a delegación, cun profesor a media xornada, non convence ás familias xa que a atención aos alumnos “é peor que o curso pasado”. Desde a ANPA do centro denuncian “a improvisación” por parte da Consellería e anuncian mobilizacións en Santiago.

Na xuntanza que a pasada semana mantivo o inspector de Educación coas familias e a dirección do centro non se chegou a unha solución definitiva, malia que o propio inspector recoñeceu que a situación no centro “é peor que o ano pasado”. A Consellería propón facer avaliacións mensuais e adoptar medidas “se o resultado académico dos alumnos empeora”. Os pais rexeitan esta medida. Daniel Boullosa, presidente da ANPA do CEIP Cedeira afirma que “non é xusto agardar a que os alumnos teñan que sacar malas notas para que lles dean unha solución”. Carmen Cabaleiro, unha das nais afectadas, denuncia a “improvisación” coa que actúa a administración, e lamenta que os profesores do centro teñan que estar cubrindo horas en materias que non lles corresponden para atender ao alumnado. O próximo martes, día25, celebrarase unha xuntanza co Xefe Territorial de Educación, na que as familias lle exporán novamente as súas demandas. Boullosa avanza que, se non acadan o compromiso de repoñer a praza de mestre a tempo completo trasladarán as súas protestas a Santiago, ante a sede da Consellería de Educación. Mentres as familias seguen a protagonizar xornadas reivindicativas os luns, con profesores, pais e alumnado vestido de negro e concentracións ás portas do Concello.

Daniel Boullosa presidente da ANPA
A ANPA rexeita as medidas propostas pola Consellería porque non resolven os problemas do alumnado.
Carmen Cabaleiro nai afectada
As familias denuncian a "improvisación" por parte da Consellería.
Manifestación en Santiago
As familias manifesaranse en Compostela se a Consellería non repón a praza de mestres eliminada este curso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará