O catedrático Andreas Van Zoelen, profesor da Fontys University dos Paises Baixos, acutará como solista no concerto da Orquestra de Saxos, xunto con catro alumnos redondeláns que cursan os seus estudos nesta universidade. A cita é o venres, día 23, ás 20.00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde.
A Orquesta de Saxos de Redondela en colaboración coa ANPA, o Conservatorio Víctor Ureña e o Concello de Redondela, organiza un curso de interpretación e música de cámara de saxofón. Está dirixido polo mestre Andreas Van Zoelen, profesor da Fontys University dos Paises Baixos. As xornadas do curso terán lugar na sala de concertos do Conservatorio Profesional de Música de Redondela de maneira intensiva o xoves e venres, días 22 e 23. A directora do centro, Elisa Arias, salienta a importancia destas “master class”, que supoñen unha gran ocasión para os alumnos, e salienta a boa relación do catedrático con Redondela, e a colaboración do Conservatorio Víctor Ureña con outros centros internacionais. Ademáis o mestre Andreas Van Zoelen actuará como saxofonista solista nun concerto especial de Santa Icía este venres, día 23, ás 20.00 horas no auditorio da Multiúsos da Xunqueira acompañado pola Orquesta de Saxos de Redondela. Nesta ocasión e por primeira vez, catro alumnos do Conservatorio de Redondela agora cursan as súas carreiras musicais na Fontys University estarán tamén acompañando ao mestre, formando parte da Orquesta de Saxos. Para Arias é “un motivo de orgullo” esta colaboración, polo que anima a toda a cidadanía a achegarse ao concerto este venres. Rede Escolas da Unesco Elisa Arias salientou tamén a importancia de que o Conservatorio Municipal “Víctor Ureña” forme parte da rede de Escolas Unesco, á que pertencen centros educativos de 193 países. Trátase do único conservatorio municipal de Galicia que conta con este distintivo. A rede ten como misión principal promover o ideal da paz da Unesco e contibuir a mellorar a calidade da educación.