Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio cento de participantes no Campionato galego de Mushing en Saxamonde

RR_Noticias

O mushing é unha modalidade deportiva procedente dos países nórdicos na que o can está unido cun arnés e unhas cordas ao corredor. Unha disciplina que chegou non hai moito a España e que ten en Galicia numerosos seguidores que fan da nosa comunidade toda unha potencia. Esta sábado día 15, da man do Club Canicross de Vigo, celébrase en Saxamonde o Campionato galego de mushing terra coas probras de Canicross, Bikejoring e Patín.

Os afeccionados a este deporte buscan gozar da natureza compartindo a paixón por correr co seu can. Para practicalo non é preciso contar cun can dunha raza específica, tan só contar cun animal que resista correndo varios quilómetros e que adoitan ser exemplares de 20 ou 30 kilos.
O sábado a partir das 10 celebrarase na contorna do Chan das Pipas a competición con saída e chegada no campo de fútbol de Saxamonde. Haberá probas nas tres modalidades de patín, bikejoring e canicross cun percorrido de 4,3 quilómetros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará