Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Teis volven á rúa

RR_Noticias

As asociacións de veciños tanto da parroquia de Redondela como a de Teis amósanse fartas de tanta espera. Máis dun ano despois dende que Fomento se comprometera a suprimir a peaxe en Rande as cousas non só non mudaron senón que os usuarios deste tramo da AP-9 teñen que pagar máis polo seu uso. En punto morto segue a súa petición para que se avance na conversión en vía urbana o tramo de autoestrada entre Torres de Padín e o centro da cidade de Vigo e tampouco se acometeron os compromisos recollidos na adenda asinada por Fomento e Audasa.

As peticións dos veciños de Chapela e Teis son claras: supresión da peaxe, que se converta en vía urbano libre de pago o tramo da AP-9 que vai dende as Torres de Padín ata o centro da cidade, que se instalen as pantallas prometidas para paliar a contaminación acústicas e que se cumpran os compromisos recollidos na adenda. Unhas demandas que trasladarán a rúa o vindeiro día 23 cunha manifestación convocada polas Asociacións de Veciños co obxecto de acadar o maior respaldo posible. Explica o presidente da Asociación de Chapela, Marcial Pérez que “para conseguir maior adhesións é necesario desvincular a convocatoria dun goberno dunha única cor, nós apoiamos e traballamos na recollida de sinaturas que promove o concello de Redondela pola supresión da peaxe, pero as nosas demandas son máis e esperamos sumar o apoio doutros concellos, da oposición e de todos os veciños independentemente da súa ideoloxía”. A marcha reivindicativa celebrarase o sábado 23 ás 18:00 horas cons saúda dende as Torres de Padín ata a rotonda da peaxe. En total 2,5 kilómetros para facer visibles novamente as súas demandas.  

Marcial Pérez AVV Chapela
Reivindicacións
Convocatoria veciñal
Desvincularse do goberno para sumar adhesións
Manifestación día 23
25 kilómetros para visibilizar as súas demandas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará