O Concello abre o prazo para a inscrición das actividades que se van desenvolver na tarde do día 2 de marzo e que supoñen o inicio da programación do Entroido. Orientada esta proposta a nenos e nena a partir dos 3 anos, a inscrición permanecerá aberta até o día 28 de febreiro
A actividade estrela terá lugar o vindeiro 2 de marzo en horario de 17.00 a 19.00 horas e consistirá nun obradoiro de elaboración de disfraces e instrumentos con material reciclado. Para este taller, que se desenvolverá no paseo da Xunqueira hai dispoñibles 120 prazas. É necesario apuntarse nos rexistros do Concello.
Ao mesmo tempo, os rapaces poderán gozar de inchables, onde poderán presumir dos mellores traxes pasando por un photocall ou desfilando pola pasarela. Haberá tamén algunha sorpresa coa visita de personaxes famosos.
A partir das 19:30 horas da xornada do 2 de marzo, os 120 nenos participantes desfilarán desde a praza de Ribadavia (A Farola) até a Praza da Constitución. Ás 20.30 horas, a xornada rematará cun gran concerto infantil na praza da Constitución a cargo do grupo “As Aventuras de Paio”.
Un entroido infantil que suporá o arranque do resto das propostas previstas para o domingo co tradicional desfile de comparsas polas rúas da vila e a xornada de animación que se vivirá o martes do entroidos con animación infantil, concurso de disfraces para grupos, parellas e individuais, animación musical e tradicional queima do Meco.