Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o período de alegacións contra a apertura do local de apostas en Redondela

RR_Noticias

O Concello acorda a apertura dun período de información pública sobre a apertura dun salón recreativo e de xogo que se prevé instalar na rúa Ernestina Otero. Todas as persoas físicas ou xurídicas que así o desexen poderán examinar o expediente e formular as suxestións, observacións ou alegacións que estimen oportunas. O prazo de exposición será de 20 días hábiles a partir do momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

A alcaldesa Digna Rivas adoptou a decisión en base á lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia no que fai referencia “á concorrencia de razóns de orde pública, seguridade pública, saúde pública e protección do medio ambiente, sinala que será precisa a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica para o suposto da apertura de establecementos abertos ao público […] ou que presenten unha especial situación de risco…”
Considera o Concello que a apertura do local en cuestión concorre con estes preceptos “por cando a actividade de xogo ten unhas características intrínsecas que fan necesarias unha intervención por parte da Administración”. Sinala Rivas que é preciso establecer “mecanismos que ofrezan seguridade ás persoas participantes nos xogos e que garantan a protección das persoas menores de idade”.
O período de exposición pública permite que a veciñanza poida examinar o expediente “e formular todas aquelas suxestións, observacións ou alegacións que consideren oportunas”.
O Concello, sinalo a Alcaldesa, “independentemente da opinión que sobre a apertura deste tipo de establecementos teña cada quen a título particular, non ten máis ferramenta que aplicación da legalidade” e engade que “unha administración non ten medio de impedir a apertura deste tipo de establecementos unha vez que teñan cumpridos todos os trámites establecidos pola lexislación vixente”.
En todo caso, Digna Rivas amosa a súa coincidencia con outros moitos concello que piden á Xunta de Galicia que é a que ten competencias nesta materia, “un cambio máis que necesario na regulamentación deste tipo de establecementos” como a creación de “zonas de exclusión”, de tal xeito que a Administración Autonómica regule, de xeito claro, a prohibición de establecer este tipo de locais en zonas escolares, lugares de reunión da mocidade ou lugares de paso frecuentes de menores de idade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará