Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca de Pazos anima ao alumando do concello a participar no II certame de relato curto

RR_Noticias

A axencia de lectura ten aberto ata o día 15 de novembro o prazo de presentación de relatos ao certame no que pode participar o alumnado do “Curros Enríquez”. Ademais durante este mes poderán gozar de contacontos e diferentes actividades que buscan promover a lectura entre os máis novos.

Potenciar a expresión e a comprensión escrita, estimular o uso da lingua galega e fomentar a escrita na nosa lingua entre os mais mozos é o obxectivo do concurso organizado dende a biblioteca de Pazos de Borbén.
A programación de actividades de animación á lectura continúa o Venres 25 de outubro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello no que terá lugar a obra de teatro infantil “Que taballo tan curioso!!!. Seredes quen de adiviñalo?” con guión e idea orixinal de Luisa Martínez Lorenzo da Unidade de Cultura Científica do CSIC Galicia.
Finalizan as actividades deste mes o martes día 29 de outubro na Sala de Lectura onde contarán co espectáculo “Matemaxia” que nos traerá O Mago Paco cunha actividade que mestura dúas disciplinas, as matemáticas e a maxia, que aínda que a priori podamos pensar que non teñen nada en común e ata parecen contrapostas, pero nada mais afastado da realidade.
Terá lugar en dúas sesións ás 11:00 e ás 13:00 horas nas que participarán os alumnos de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará