“A pantasma de Canterville” é o título do contacontos que se celebra este martes 29 ás 18:00 horas na sala infantil da biblioteca de Redondela. Unha actividade orientada a nenos e nenas a partir de tres anos con entrada de balde, enmarcada nas propostas “terroríficas” propias das datas do Samaín.
Un contacontos que chega da man de Olga Cuervo organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso e as bibliotecas municipais. Unha actividade para os cativos que promete unha propostas terrorificamente divertida, baseada na famosa obra de Oscar Wilde.