Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén pon a punto os seus cemiterios para o Día de Todos os Santos

RR_Noticias

Anticipándose á celebración do Día de Todos os Santos, o Concello de Pazos de Borbén está a ultimar as tarefas de mantemento e limpeza no oito cemiterios existentes no municipio. Os traballos centráronse nunha limpeza integral dos recintos e asegurar o bo estado das zonas de acceso e aparcadoiro.

Os primeiros traballos centráronse nos aparcadoiros e entradas dos camposantos para facilitar o acceso por parte dos veciños e visitantes durante estas datas. Para iso, repasouse o estado do firme no acceso a varios cemiterios e realizáronse tarefas de poda no arborado e nos elementos ornamentais que rodean os camposantos.
Dentro dos recintos os traballos centráronse no mantemento das zonas verdes e na limpeza dos camiños interiores con métodos non abrasivos e sen usar xabóns nin produtos químicos que poidan danar os elementos do patrimonio.
Por último, en varios cemiterios realizáronse tarefas de reparación e mantemento no sistema de evacuación de pluviais e de desaugadoiro. Principalmente para retirar os restos de masa orgánica caídos durante as últimas choivas e que poderían atascar os condutos de liberación da auga.
O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, indicou que malia que os traballos de mantemento realízanse ao longo de todo o ano, nestas datas intensifícanse para que as familias que se acheguen a ver aos seus achegados poidan acceder sen problemas e atopen o recinto nas mellores condicións posibles.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará