O PSOE de Redondela busca mobilizar aos veciños de cara a manifestación que este domingo terá lugar en Santiago convocada por diferentes plataformas, sindicatos e partidos políticos en defensa da sanidade pública. Facilita así a posibilidade de desprazarse a capital galega en autobuses que sairán o domingo ás 9:45 dende a praza de Ribadavia (A Farola). Para anotarse hai que chamar aos números de teléfono: 698108686 ou 629152155.
Os convocantes confían en que a manifestación do domingo, que partirá ás 12:00 horas dende a Alameda de Santiago, teña unha resposta masiva da cidadanía e de colectivos sociais e profesionais co obxectivo de “frear e facer retroceder a política de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público aplicada polo goberno galego”.