A Concellería de Medio Ambiente organiza o xoves 13 ás 11:00 horas unha nova charla sobre compostaxe doméstica que se vai desenvolver no Multiúsos da Xunqueira. Os interesados, que deberán inscribirse previamente a través da páxina web do concello, recibirán un composteiro e un aireador manual así como a información necesaria para coñecer o uso destes dispositivos.
A iniciativa enmárcase dentro da plan Revitaliza que se desenvolve en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que busca promover a compostaxe coa elaboración de abono cos restos orgánicos que se producen nas vivendas particulares. Co obxecto de favorecer esta reciclaxe dos residuos urbanos repartiranse de xeito gratuíto composteiros así como un aireador manual e achegarase a información necesaria para que todos os interesados saiban como se usan estes dispositivos.
Os interesados deben estar empadroados no concello de Redondela e deben inscribirse a través da páxina web www.redondela.gal. Máis información no 986 400300.
Por outra banda, este xoves, aproveitando o día de feira, instalarase un posto informativo diante do concello no que mestres composteiros informarán a todos os interesados sobre a compostaxe doméstica.