Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Angela Ballesteros: “Este é o peor momento da miña vida, peor que a guerra porque daquela non estaba soa”

RR_Noticias

Os maiores son os grandes damnificados nesta pandemia. Por unha banda porque son os máis vulnerables ante un coronavirus que se está a cebar coa poboación de maior idade, e por outra banda, porque son moitos os que teñen que pasar o confinamento pechados na soidade dos seus fogares. É o caso de Angela Ballesteros. Esta veciña da parroquia de Chapela supera os 90 anos e, malia ter pasado por unha guerra, asegura que “esta situación está a ser a peor da miña vida, porque a estou pasando soa”.

Pechada na casa, lonxe dos seus fillos, un vive en Ponteareas e outra en Zaragoza, malia recibir constantes chamadas telefónicas e a visita dunha persoas que vai tres días a semana a axudala nas tarefas da casa, estar pechada estáselle a facer moi custa arriba. Acostumada a saír para ir a cursos de memoria, a facer ximnasia, a Cruz Vermella, ou mesmo a tomar café coas amigas, estar entre catro paredes non é doado para unha muller coa súa vitalidade. Con todo, o confinamento está a ser total a estas alturas “nos primeiros días fixen acopio de comida e voume apañado, tamén lle encargo algo de froita fresca e verdura á persoa que me axuda”. Un dos peores episodios que viviu foi no inicio do confinamento “fun a farmacia porque quedara sen medicación e rifáronme por saír da casa, pasei toda a tarde chorando”. Foi aí onde máis agradeceu as palabras de ánimo dos voluntarios que estes días a están a chamar. Unhas chamadas telefónicas que para os maiores son imprescindibles para manter os folgos. “Non lle teño medo a morte, pero si a sufrir” conclúe.  

Angela Ballesteros veciños confinados
Esta muller de 92 anos afirma que este momento é un dos máis duros da súa vida
Chamadas telefónicas
malia agradecer todas as chamadas que recibe bota de menos o contacto con outra xente e saír da casa
Rifáronlle por saír
Na farmacia puxéronse moi duros con ela por ir buscar medicamentos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará