Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello propón un cambio radical da Praza de Ponteareas onde os peóns terán prioridade

RR_Noticias

O proxecto recolle a creación dunha gran praza con zonas axardinadas e a integración do Convento de Vilavella. Unha remodelación, dividida en oito fases, que suporán a reordenación do tráfico e das prazas de estacionamento. O custe dos traballos será superior aos dous millóns de euros. A primeira fase contempla a reforma do abastecemento, saneamento e recollida de pluviais. Tamén se renovará a iluminación, incluirase novo mobiliario urbano e a construción dunha zona axardinada con árbores.

O proxecto de remodelación da Praza de Ponteareas, redactado polo estudo de arquitectura Gándara y Pons Arquitectos, recolle unha transformación total dun dos principais accesos ao casco urbano de Redondela. Suporá a integración do Convento de Villavella neste espazo a través da construción dunha gran praza central, que quere definir o Camiño de Santiago como parte importante do patrimonio histórico e cultural de Redondela.
O obxectivo, segundo explican dende o concello, é converter esta praza nun “espazo amable” para a cidadanía, a través dunha nova ordenación do tráfico rodado e as prazas de aparcadoiro, para xerar una mobilidade máis sustentable que incida na calidade do espazo urbano e a activación social, cultural e económica do municipio. Tamén se quere garantir a accesibilidade universal e aumentan a seguridade de peóns, en especial escolares e peregrinos.
Os traballos contemplan oito fases que suman dous millóns e medio de euros. A primeira fase, cun orzamento superior a 700.000 euros, consistirá na renovación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais e unha importante modificación da cota existente. Tamén renovación da iluminación, novo mobiliario urbano e a creación dunha zona axardinada con árbores. Unha actuación que o goberno local considera prioritaria para este mandado e que os socialistas levaban no seu programa electoral.
A Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que “o proxecto deberá ser supervisado polos técnicos municipais e necesitará informe favorable de distintos organismos como Patrimonio Cultural polo que, previsiblemente, a licitación das obras terá que esperar máis tempo do desexado”.
A actuación estará cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha taxa de cofinanciamento do 80 %, e enmárcase dentro da liña de actuación para a promoción da mobilidade, accesibilidade urbana e mellora da seguridade viaria.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará