As oito da tarde, como todos os días dende que arrancara o confinamento, os redondeláns asómanse a fiestras e balcóns para aplaudir aos sanitarios. A estas persoas sumábanse habitualmente os sonidos das sireas de Policía Local e servizos de emerxencias. Un percorrido que hoxe eses vehículos fixeron en silencio para render unha pequena homenaxe a José Manuel Montáns, primeira vítima do coronavirus en Redondela e policía local retirado.
As sireas dos vehículos de emerxencias non soaron hoxe ao paso dos vehículos da Policía. Uns vehículos que portaban lazos de cor negra e que activaron as súas luces en homenaxe ao veciño de Cesantes e policía municipal xubilado, que se convertía onte na primeira vítima do COVID-19 en Redondela.
Unha pequena homenaxe que soaba hoxe a emotiva despedida acompañada tamén dos aplausos dos vecinos.