Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lixivia diluida nas lonxas de Cesantes e Arcade como medida de prevención ante o COVID-19

RR_Noticias

Portos de Galicia procedeu ao baldeo exterior das lonxas con maiores actividade con lixivia diluída. As instalacións nas que se realizou esta medida de hixiene foron as de Portonovo, Campelo, Aldán, Cangas, Meira, Cesantes, Arcade, Baiona e A Guarda. O obxectivo é minimizar o risco de propagación do virus.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a proceder nestes días á nova hixienización de edificios das lonxas na provincia de Pontevedra, como medida de prevención e reforzo da salubridade ante o COVID-19. Esta medida está a ser aplicada nas lonxas con maior actividade das tres provincias.
Nos día de onte e hoxe, o ente público está a realizar o baldeo exterior con lixivia diluída das fachadas e contornas das lonxas de Portonovo (Sanxenxo), Campelo (Poio), Aldán (Cangas), Meira (Moaña), Cesantes (Redondela), Arcade (Soutomaior), Baiona e A Guarda, para minimizar o risco de propagación do virus nestas instalacións. Deste xeito, preténdese maximizar as medidas de seguridade dos traballadores e usuarios portuarios que continúan a desenvolver actividades esenciais, como o subministro de produtos de alimentación.
Portos de Galicia está a realizar estas tarefas de xeito periódico desde o inicio da crise sanitaria en coordinación coas confrarías que así o solicitan e continuará a desenvolvelas nas vindeiras semanas. No caso da provincia de Pontevedra, xa foran hixienizadas tamén as contornas das lonxas do Grove, Bueu, Cambados, Carril (Vilagarcía), Vilaxoán (Vilagarcía), Vilanova e O Xufre (A Illa de Arousa).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará