Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Peña Tío Polivio do Viso entrega un canón de ozono ao Centro de Saúde de Redondela

RR_Noticias

O PAC de Redondela segue recibindo mostras de solidariedade e agradecemento de empresas e veciños pola labor que están realizando durante a crise sanitaria do coronavirus. O último destes xestos foi a doazón dun xerador portátil de ozono para a desinfección do interior do centro. A achega nesta ocasión procede da peña Tio Polivio do Viso que quere así “achegar o seu gran de area” a esta difícil situación.

O presidente desta peña, formada por 23 amigos que se reúnen catro veces ao ano para tratar asuntos gastronómicos, José Luís Pérez fixo entrega deste aparato a un dos responsables do centro. Trátase dun aparato transportable que permite realizar tratamentos de limpeza de xeito eficaz e rápido. O ozono é un potente desinfectante que destrúe virus -como o causante da Covid19- bacterias, fungos e tamén permite eliminar insectos e parásitos evitando ademais que os microorganismos se reproduzan. Este tratamento renova e osixena o aire en espazos pechados e, ao tratarse dun gas, é capaz de chegar a calquera área.
Esta doazon ao Centro de Saúde súmase á que semanas atrás recibirán procedente de diferentes establecemenos do Concello. Monos de protección, luvas, máscaras e gafas que lles fixeron chegar principalmente establecementos do sector agrícola, como Agro Eidos, Sémola, Comercial Ojea e Agrocomercial Canudo, ademais da Ferretería Justo. Por outra banda o IES Mendiño donoulles batas impermeables.
.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará