A alcaldesa de Redondela pide “calma e prudencia” aos veciños, xa que oficialmente aínda no se fixeron públicos os criterios da Xunta de Galicia que permiten liderdade horaria nas saídas da cidadanía en núcleos de poboación menores de 5.000 habitantes.
En relación coas noticias publicadas en distintos medios de comunicación o Concello indica que “a día de hoxe a Xunta non comunicou, nin fixo públicos os criterios que definirían que entidades ou núcleos de poboación inferiores aos 5.000 habitantes poderán saír sen limitación por franxas horarias”. Explica Rivas sinala que a polémica comezou “ao facerse público que dende a Delegación do Goberno se trasladou á Xunta de Galicia a resposta dada polo Ministerio de Política Territorial sobre diversas dúbidas e casuísticas para os núcleos de poboación inferiores aos 5.000 habitantes”. A resposta emitida polo Ministerio permitiría a eliminación de franxas horarias para as saídas neste estado de Alarmae atendendo ao concepto de entidade colectiva de poboación “como poderían ser as parroquias”. Segundo o compromiso do goberno central para levar a cabo o proceso de desescalada “dende a cogobernanza” coas Comunidades Autónomas, deberá ser o propio Goberno Galego “o que defina que núcleos de poboación se axustan a este criterio para que llo comunique aos Concellos interesados e poidan axustar a aplicación da Orde sobre os horarios”. Unha comunicación que agardan no Concello de Redondela e que aínda non recibiron. Por iso a alcaldesa insiste en que “mentres non teñamos información oficial do goberno galego, mantéñense as franxas horarias para as saídas en todo o municipio”.