A Policía Nacional e científica investiga un impacto de bala que se producía na tarde de onte nun edificio do centro da vila, sen que se coñeza a procedencia do proxectil. Os feitos producíanse ao redor das cinco da tarde deste xoves cando os residentes no edificio, situado na rúa Subida a Estación, decatábanse do impacto dunha bala nunha das fiestras da vivenda.
Ata o lugar desprazábanse axentes da policía que tentarán agora determinar a traxectoria da bala para establecer de onte podería proceder o disparo. Non hai que lamentar danos persoais pero si moita inquietude entre os veciños da zona.