Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio redondelán reactívase

RR_Noticias

Logo de dous meses de parón obrigado polo coronavirus, a reapertura dos locais comerciais de Redondela está a deixar boas vibracións. As pequenas tendas volvían levantar as persianas con moita incerteza, pero pasados xa 15 días confirman que “a afluencia de clientes e ventas mellorou as expectativas”. Así o confirman dende a Asociación de Empresarios pero tamén os propios afectados. Silvia Alonso de Vichy telas e Belén Abelleira de Coco&Colet agradecen a xenerosidade dos clientes “que están a mercar no comercio local e que o fan con absoluto respecto ás medidas sanitarias”.

Belén Abelleira, responsable do comercio de moda de muller Coco&Colet asegura que tanto a afluencia de público como as ventas están a ser mellor do esperado. Optimista logo de moitas semanas de incerteza co comercio pechado, encara a “nova normalidade” con medidas adicionais para garantir a seguridade “temos desinfectantes e máscaras, no caso de que algún cliente a precise”. Unha vez dentro poden probar a mercancía “a roupa é desinfectada con vapor e queda apartada 48 horas e tamén se dessinfectan os probadores en cada uso”
Asegura que o comportamento da clientela está a ser moi responsable e agradece aos consumidores a súa xenerosidade “de feito, nos primeiros día notei que había clientas que viñan a comprar máis que por necesidade, por colaborar co pequenos comercio”. Confía ademais que esta situación tan difícil sexa un revulsivo para o comercio local “que xera máis confianza que as grandes superficies”.
Do mesmo parecer e Silvia Alonso de Vichy telas. Tan só quince días despois de cambiarse dun pequeno local de Meixón Frío a outro en Alfonso XII tivo que pechar o negocio. Logo de reapertura amósase confiada “foi mellor do esperado, parece que a xente aproveitou o confinamento para coser e agora están mercando produtos básicos como fío, agullas, teas…” Tamén recoñece que hai moita demanda de gomas “para a produción de máscaras caseiras”.
Un local que como o resto adoptou medida de hixiene extraordinarias como o dispensador de xel “obrigado desinfectar as mans antes de tocar as teas, e limpeza polo miúdo do probador cada vez que é usado pro algún cliente”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará