Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre ao baño as súas praias apelando á responsabilidade: nin parcelación nin cita previa

RR_Noticias

Galicia entra de cheo na fase dúas da desescalada o que supón cambios importantes como o feito de que volve o baño ás praias. Neste novo escenario, dende Medio Ambiente apelan á responsablidade dos veciños para que, no caso de achegarse aos areais, se respecten as medidas de hixiene e prevención que pasan por garantir a separación de dous metros entre bañistas. Xa se colocou cartelería ao respecto e está previsto establecer, entre outras medidas, unha dirección única no paseo de madeira na zona da Punta. Tamén están pendentes de posibles directrices por parte de Sanidade.

Ata o de agora podía irse ás praia para practicar deporte no caso dos deportistas federados e tamén a pasear. A partir do luns, cando Galicia entre na fase 2 da desescalada, estará tamén permitido o baño. Malia que dende hai semanas vénse falando de iniciativas varias de cara a establecer unha distribución espacial que garanta a separación de dous metros, o Concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, descarta algunhas que si están a barallar outros concellos. “Totalmente descartado parcelar, pola propia orografía da praia, xa que non é viable nun areal onde a marea sobe e baixa tanto ou incluso desaparece coas mareas vivas”. Tamén está xa descartada a idea de cita previa que días atrás anunciaran dende a Xunta.
Insiste o edil que ante a dificultade de controlar o acceso aos areais é preciso apelar a responsabilidade dos veciños “somos conscientes de que non se lle poden poñer portas ao campo, pero iso non quita que esteamos pendentes de como se comporte a cidadanía de cara a adoptar outras medidas”. No inicio desta fase 2 e tendo en conta as previsións meteorolóxicas, sí está previsto que se fagan controis policiais nos areais.
Algo que afecta tamén de cheo a praia de Arealonga xa que ao ser unha praia máis pequena e urbana, incluso podería ter máis problemas á hora de que se respecten as medidas de distanciamento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará