Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Felpudos desinfectantes entre as medidas de protección adoptadas nas instalacións municipais

RR_Noticias

As medidas de seguridade sanitaria das dependencias municipais do Concello de Redondela, veñen de ser incrementadas coa colocación, nesta semana, de felpudos desinfectantes situados nos lugares de paso obrigado de acceso público. Hai tamén outras medidas de protección con delimitación de zonas de paso, elementos de protección e xel hidroalcólico.

Logo dunha primeira remesa para analizar a súa operatividade, agora fíxose un novo encargo á empresa local Viguesa de Alfombras, con sede en Cedeira, nunha clara aposta “polas empresas do noso municipio”, segundo apunta o goberno local. Os felpudos, dotados dun elemento desinfectante, contribúen a eliminación dos elementos patóxenos que o calzado puidera levar da rúa, o que axuda a un reforzamento das medidas de protección que o Goberno local adoptou no interior das dependencias municipais.
Medidas de protección
Coa entrada en vigor das novas fases da desescalada e o reinicio da actividade presencial nos distintos departamentos do Concello, puxóse en marcha unha batería de medidas encamiñadas á protección, tanto dos usuarios como do persoal municipal. Así, procedeuse á sinalización e delimitación de zonas de paso e de espera, distancias de seguridade, direccións de acceso e instalación de elementos de protección, e dispensadores de xel hidroalcohólico para as mans. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, chamou a atención sobre a importancia de “extremar as medidas de seguridade” que xunto coas campañas de información e concienciación da cidadanía, como “Faino por Todxs” son o medio “máis eficaz” para contrarrestar os efectos do coronavirus e garantir “a paulatina volta á normalidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará