Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un documental recolle a pegada que a Covid-19 deixou en Redondela

RR_Noticias

O traballo, realizado pola Cooperativa Cal3 e a produtora Meta Creación Audiovisual, é un proxecto da Concellería de Servizos Sociais e quere ser unha homenaxe a todos os que padeceron ou perderon a alguén pola enfermidade así como un xeito de sensibilizar a cidadanía lembrando que o virus segue aí. Proxectarase este venres a partir das 21:00 horas na Alameda nun acto público que será tamén “un recoñecemento aos distintos servizos que no confinamento traballaron arreo para garantir a seguridade da veciñanza”.

Un traballo documental no que participan traballadores da sanidade pero tamén veciños e veciñas que se tiveron que enfrontar a enfermidade, ben porque a padeceron directamente ou porque perderon a algún familiar que non puido superar os efectos do coronavirus. O traballo está enmarcado dentro do programa municipal Faino por todxs do Concello de Redondela e busca concienciar e sensibilizar a poboación na necesidade de seguir adoptando medidas para evitar o espallamento da enfermidade.
Quino Vilas e Fernando Carreira “Cuchi” da Cooperativa Cal3 e a produtora Meta Creación Audiovisual, están detrás deste vídeo que se proxectará mañá na Alameda Castelao as 21:00 horas nun acto institucional que será tamen un acto público de recoñecemento aos distintos servizos que, durante a pandemia e o confinamento obrigatorio establecido polo estado de alarma, traballaron arreo tanto para garantir á seguridade da veciñanza, coma para atender as súas necesidades.
O acto, aínda que gratuíto e de libre asistencia, é aconsellable a inscrición previa que se pode realizar, totalmente de balde, no enderezo de correo electrónico facebook@redondela.gal.
Policía Local, Protección Civil, Policía Nacional, Servizo de Emerxencias (SEIS), así como distintas asociacións que contribuíron a facer máis doada a complicada situación do confinamento, recibirán a homenaxe “non do Concello de Redondela como institución, senón de toda a veciñanza do municipio” subliñou a alcaldesa Digna Rivas, quen non dubidou en cualificar esta cita como “un dos actos máis importantes do ano”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará