Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local incorpora cinco novos auxiliares

RR_Noticias

O Goberno de Redondela subliña o importante esforzo que se está a facer en materia de seguridade ao ter contratado, no que vai de ano, a 9 auxiliares de Policía e que supoñen en palabras da alcaldesa “a aposta deste Goberno pola seguridade dos veciños e veciñas e dos seus bens”.

Amais dos cinco auxiliares, o pasado día 11 reincorporábanse 6 axentes que estaban realizando as súas prácticas e que permanecerán en activo ata o 30 de agosto, momento en que volverán a Academia Galega de Seguridade Pública para completar a súa formación e reincorporarse definitivamente ao cadro de persoal da Policía Local de Redondela o día 30 de novembro.
A incorporación destes efectivos supón, segundo o Goberno local, “un reforzo á hora de controlar o cumprimento das medidas de seguridade da COVID-19” e, nese sentido, a alcaldesa de Redondela fixo un chamamento á Xunta “á hora de ser solidaria cos concellos e subvencionar as contratacións en materia de seguridade como medio de loitar contra a pandemia que nos afecta”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará