Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Puga Pereira: “O libro é o mellor dos investimentos”

RR_Noticias

O redondelán foi o encargado de inaugurar onte unha feira do libro que celebra a súa edición máis atípica baixo o lema “Non contaxian pero enganchan” e facendo un chamamento aos lectores para que se acheguen ás cinco librerías que participan nesta edición sacando os seus libros á rúa e ofrecendo descontos do 10%. Ata o vindeiro domingo pasarán por estas casetas un total de doce autores para asinar as súas publicacións.

O pregón inaugural correu a cargo de Manuel Puga Pereira, nunha apertura na que tamén participaron o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, a alcaldesa Digna Rivas e Pedro Taboas, da Federación de Libreiros de Galicia e propietario da librería Moliere de Redondela quen salientou as dificultades de organizar un evento cultural destas características “ante a incerteza que vivimos hai tan só uns meses” lembrando que precisamente “foron os libros e as lecturas unha das cousas que nos serviron para seguir e resistir”.
Insistía tamén nesa idea Digna Rivas lembrando o valor dos libros “que tanto nos acompañaron neste tempo de confinamento” .
Anxo Lorenzo facía fincapé na necesidade de “volver á cultura presencial que estivo abandonada en favor da dixital” durante o Estado de Alarma, insistindo en que estas feiras son eventos “completamente seguros”.
Finalmente Manuel Puga Pereira falaba dos “nosos bos amigos os libros, que nunca fallan e tanto nos achegan” e amosaba a súa satisfacción porque Redondela estea incluída no circuíto das Feiras do libro de Galicia.
Insistía en todos os beneficios que nos deixa unha boa lectura achegando tamén as recomendacións dos expertos “que aconsellan apagar os aparellos electrónicos unha hora antes de írmonos a durmir e adormecernos coa lectura dun bo libro”.
Convidaba a facérmonos cun libro porque “é o mellor dos investimentos” e insistía sobre todo, na necesidade de dar exemplo antes os cativos lendo e ofrecéndolles tamén a eles un espazo “no que os libros teñan o seu lugar igual que tamén o teñen os xoguetes”.
Unha feira que manterá as súas portas aberta ata o vindeiro domingo e na que haberá tamén sinaturas de libros, este venres con Xavier Castro, Elba Pedrosa, Elisabeth Oliveira e Manuel Esteban, e o sábado con Ana Abad de Larriva, Isabel Blanco e Lorena Conde.
O domingo a feira pechará coa presenza de Manuel Pérez Lourido, Esperanza Arrondo,  Francisco J. Leira Castiñeira e Olga Lalin.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará