Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novocirco de Peter Punk e a música tradicional, programa cultural na fin de semana

RR_Noticias

A Concellería de Cultura proponnos este venres un espectáculo para o público familiar a cargo do pallaso Peter Punk, quen chega a Redondela co seu espectáculo Chugo ke te cagas que se poderán ver hoxe ás 20:00 horas na Alameda Castelao. O sábado a quenda será para o grupo Airiños da Peneda e o domingo Airiños do Mar de Teis.

O Clown galego ofrece un espectáculo cheo de humor no que, durante 60 minutos, amosará a súa destreza coas bolas, mazas, aros, a globoflexia e todo iso sen esquecer o humor nesta nova proposta que leva por nome “Chungo ke que te cagas”.
Xa o sábado a proposta será musical co grupo de música folk Airiños da Peneda quen actuará ás 22:00 horas tamén na Alameda de Castelao.
O grupo de voces masculinas Airiños do Mar de Teis será o encargado de pechar o programa da fin de semana cunha actuación o domingo 19 na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela ás 21:30 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará