A regata, enmarcada na Liga B, disputouse en dúas xornadas en augas de Cesantes e foi de novo o club de remo de A Pobra o que se fixo co triunfo proclamándose vencedores nas dúas ocasións. Cesantes logrou a segunda praza mentres que o club de Castropol quedaba en terceiro lugar. Pobra mantense líder na clasificación xeral.
Os remeiros de a Pobra volveron amosar o seu bo estado de forma facéndose coa vitoria nas dúas regatas celebradas esta fin de semana en Cesantes. A primeira xornada estivo marcada polo forte vento que facía difícil a competición. Os pobrenses gañaron con claridade, facendo tamén unha boa regata o equipo anfitrión que non llo puxeron doado aos do Pobra, de feito chegaron segundos na regata de onte por tan só 3 segundos e quedaron tamén na mesma posición o sábado.
Na clasificación xeral os de A Pobra seguen imparables sumando as súas regatas pro vitorias con 18 puntos seguidos de Salgado-Perillo con 12 e Cesantes con 11.