Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Rande e Cabanas piden que se debata no pleno de hoxe a situación de Aucosa

RR_Noticias

Unha petición acompañada de 250 sinaturas de afectados, veciños residente na zona próxima á planta de produción de fariñas de peixe que esixen que se paralice esta actividade ante os cheiros insoportables que produce. O pleno ordinario correspondente ao mes de xullo, e que pecha o curso político ata setembro, será hoxe xoves ás 20:30 no multiúsos da Xunqueira.

Os cheiros producidos por AUCOSA teñen tanta intensidade, persistencia e composición tóxica que son un problema grave para a saúde pública en Redondela, así o explican os veciños da zona quen esixen que Concello e Xunta tomen medidas conforme a lexislación vixente para evitar as afeccións a saúde e a vida cotiá da cidadanía.
Reclaman que se paralice a actividade de Aucosa tendo en conta diversos argumentos como que a maior parte do proxecto de ampliación da empresa se execute sobre zona de servidume de protección da costa, non se axusta a normativa urbanística vixente e a autorización ambiental integral coa que conta caduca en maio de 2021 “data a partir da cal Aucosa non disporá de licenza para a súa actividade”.
Por todo isto solicitan que o pleno de hoxe se pronuncia sobre a solución a este problema.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará