Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama o adecentamento de elementos patrimoniais de Redondela como Monte Penide

RR_Noticias

O grupo municipal popular denuncia que elementos “moi identificativos” da vila como o antigo viaducto de Redondela, os xacementos de Monte Penide, ou o entorno do Meirande sofren “un abandono permanente” por parte do goberno local.

O Partido Popular solicita ao executivo de Digna Rivas a posta en funcionamento da fonte de Castelao, na Alameda e a iluminación do antigo viaducto de Redondela, que permanece apagada desde hai case un ano. Denuncian tamén os populares a situación de Monte Penide, “xa que despois da súa posta en valor e mellora da accesibilidade por parte do anterior goberno local, agora nos atopamos con que está completamente abandonado e sen ningún tipo de mantemento”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará