Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP arremete novamente contra a decisión do goberno local de non retirar as algas das praias

119024184_3064706230305300_1596130830345172618_o

Os populares lamentan que “malia as múltiples queixas e críticas veciñais, por parte tamén da oposición, e da petición de rogo no último pleno do mes de xullo para que o Concello limpe as praias, o goberno de Digna Rivas segue facendo oídos xordos a estas peticións”. Esixen que se retiren as algas empregando sistemas que non causen prexuízo nos areais e negan que a súa retirada provoque erosión no litoral.

A presenza de algas na praia de Cesantes segue a ser motivo de polémica logo de que este verán a Concellería de Medio Ambiente decidise non retiralas na súa totalidade alegando que a súa presenza nos areais é beneficiosa para o medio. Unha decisión que foi contestada dende o principio polo PP quen responsabiliza á alcaldesa, Digna Rivas de permitir esta medida aplicada por unha concellería que xestiona directamente AER “por medo a perder o apoio do seu socio de goberno”. Afirman os populares entender que hai que protexer os ecosistemas pero insisten en que “de acordo co criterio dos expertos hai formas de retirar as algas sen causar prexuízo e sen alterar o medio ambiente”.
Lembran que ao tratarse dun areal de fondo de ría “no verán chegan aos areais de Redondela toneladas de algas, pero non hai que deixalas cubrindo toda a zona intermareal, producindo infinidade de molestias” polo que hai que proceder a súa retirada. “Unha cousa son as praias naturais e salvaxes e outra ben distinta son as praias urbanas, onde se debe limpar, pór papeleiras ou baños públicos” asegura Carmen Amoedo quen engade que “é mentira a incidencia da erosión nas nosas praias se faltan as algas” e acusa a AER de confundir ese concepto co transporte e sedimentación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará